Boys e Vacas

Boys e vacas


O grupo Boys e Vacas é a formación residente da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela que nace con vocación de converterse nun grupo estable e duradeiro no tempo e que vaia recollendo as inquietudes musicais dun colectivo interesado na música popular.
1272114_505704542867879_1823171522_o
A formación ten as súas referencias no country americano e está integrada por profesorado e alumnado da USC
Boys e Vacas, ademais dunha coidada proposta vocal, utiliza unha instrumentación acústica composta por instrumentos tradicionais do country americano: guitarra, dobro, violín, mandolina, banjo, acordeón, contrabaixo, táboa de lavar e outras percusións.
10247349_512000032238330_2216348814759008903_n