Outside Network University (ONU)

PROXECTO ONU
Dinamización de estudiantes deslocalizados

cartelONUVinglesDesde a Fonotec@ da USC, coordinado polo equipo de CANAL CAMPUS, queremos potenciar e apoiar o talento, a creación e a interacción musical das persoas deslocalizadas (ERASMUS, SÉNECA, ISEP…) que tocan instrumentos ou cantan e que, estando fora do seu lugar de orixe, non atopan onde desenvolver as súas actitudes musicais.

No proxecto ONU (Outside Network University) da Fonotec@ da USC queremos darte a oportunidade de que poidas conectar con colegas doutros países, que como a tí chegaron a nosa universidade dentro dun programa de movilidade, e formar grupos de música de calquera estilo.
A Fonotec@ proporcionache un lugar para levar a cabo os teus ensaios e, quén sabe, se a vosa proposta musical e novedosa, talentosa e interesante… o equipo de CANAL CAMPUS pode axudar a que a difusión e promoción dese traballo sexa toda unha realidade.
Se estás pensando en que o teu instrumento está collendo polvo colgado na parede do teu cuarto… non o penses máis, apúntate neste enderezo info@canalcampus.es e pronto chamarémoste para unha reunión con todas as persoas interesadas nesta iniciativa. Non te preocupes se estás ti solo/a e non tes colegas con quen tocar… seguro que nesta xuntanza terásmúsicoss enrollados dabondo para escoller. Se coñeces a máis xente interesada, non te gardes esta información so para ti. Pasa a bola. Vas ver a que montamos!!!

Para participar envía un mail a: info@canalcampus.es

Na mensaxe introduce os seguintes datos:
Asunto: PROXECTO ONU
Corpo: Nome, Facultade onde estudias e Instrumento que tocas.
Poñémonos en contacto contigo