Latencia Cero?

O equipo de investigación Canal Campus desenvolveu o venres 4 de abril de 2014 un experimento de transmisión de información con latencia cero coincidindo coa celebración do encontro Galician Connection na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. boys_vacas_latencia_web Este experimento, desenvolvido en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), consistiu en que parte dos membros do grupo musical residente da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Boys e Vacas, interpretó un tema na Cidade da Cultura de Galicia, e a outra parte participou na interpretación do mesmo tema desde a Facultade de Ciencias da Comunicación. O uso da alta velocidade de comunicación de datos que facilita a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Recetga), xestiona polo CESGA, permitiu que a coordinación entre os dous grupos de músicos fose totalmente precisa. Máis información en: http://www.cesga.es/es/actualidad/novas/amosar/5235

Latencia 0 nas Xornadas Técnicas de RedIRIS

O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, e a Universidade de Santiago de Compostela participaron nunha experiencia para facer posíbel un concerto a distancia cun mínimo de latencia. Santiago de Compostela, 10 de diciembre, 2014: Recentemente celebrouse a edición 25 das Xornadas Técnicas de RedIRIS, a rede académica e de investigación española que proporciona servizos avanzados de comunicación á comunidade científica. A cita foi no Complexo Cultural San Francisco, centro de congresos e exposicións da Deputación de Cáceres. Este centro, foi durante parte das xornadas o extremo dunha autoestrada de comunicación de máis de 2.700 quilómetros que conectou Cáceres directamente á cidade italiana de Trieste. Ler a reseña completa