Campus Norte

ACTUACIÓNS MUSICAIS NA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN DA USC
Durante 10 xoves do curso 2011/2012 de 12:30 a 13:00, no exterior da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, programáronse concertos musicais nos que interviñeron formacións tanto de alumnos da USC como de artistas consagrados, co patrocinio da AGADIC.

Metodoloxía:
Envío de maquetas a campusnorte@gmail.com ou á conserxería da Facultade de Ciencias da Comunicación, se a maqueta estivera gravada nun formato físico (CD, cassette, cinta, VHS…) a nome de Campus Norte. Canda a maqueta, indicábase o nome do grupo, estilo musical, número de compoñentes, rider técnico e teléfono de contacto. A participación estaba aberta a toda a comunidade universitaria, así como a formacións que desexaran colaborar con esta iniciativa. Para a selección tívose en conta tanto o nivel artístico da banda, como o número de compoñentes da USC que a integraban. Os organizadores da actividade reservábanse o dereito de incluír actuacións de bandas coñecidas, ou non pertencentes á USC, que quixeran colaborar de forma altruísta e apoiar a iniciativa “CAMPUS NORTE, en crudo”

logoscampusnorte_web_con_estudio54