Doc&Roll

Durante o curso 2011/2012 o equipo de investigación de Canal Campus da Facultade de Ciencias da Comunicación en colaboración con AGADIC desenvolveu unha iniciativa de difusión musical relacionada co proxecto O ANO DA MÚSICA. Tódolos xoves, unha formación musical de 12:30 a 13:00h actuaba en directo no exterior da facultade para unha audiencia potencial dos alumnos do Campus Norte desta universidade. Este curso, 2012/2013, despois da positiva experiencia, o equipo de Canal Campus quere renovar a iniciativa dentro dun formato, se cabe, moito máis acorde co espazo universitario. O espazo horario dos xoves entre 11:00 e 13:00 h. na Facultade de Ciencias da Comunicación está adicado a que os alumnos poidan desfrutar de actividades complementarias. Para cubrir parte deste espazo propoñemos: Doc&Rock. Unha iniciativa que terá as características que a continuación se detallan.

docanroll_web
DOC&ROLL

Datas: Xoves

Horario: 11:00 a 13:00 h.

Frecuencia: Quincenal

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

Contido: Proxección dunha reportaxe/documental – Debate – Actuación

Sinopse: Cada proposta estará deseñada atendendo a unha temática específica. O evento discorre do seguinte xeito: Visionado da reportaxe/documental, debate sobre a temática entre os músicos e expertos participantes no acto e o público – actuación do grupo participante. As actuacións ao vivo, así como os debates, poderán ser vistos vía streaming no enderezo: http://tv.usc.es/directo4.html

Obxectivos: Visionar reportaxes e obras orixinais relacionadas con diferentes ámbitos do mundo artístico, musical e audiovisual, así como tendencias destinadas a xerar nos alumnos a súa capacidade emprendedora. Achegar, a través dun coloquio con profesionais e os artistas das obras visionadas, a focalización profesional e creativa de cada tema tratado, así como a xeración do espírito crítico. Escoitar unha proposta musical en directo e establecer un coloquio con expertos, profesionales artistas, músicos, managers, programadores culturais, investigadores… As reportaxes/documentais estarán relacionadas cos seguintes ámbitos: arte, cine, televisión, música, técnicas… Ó final de cada sesíon haberá unha actuación musical en directo. Grazas á inestimable axuda de todas as persoas implicadas neste proxecto de xeito desinteresado, puidemos realizar estas actividades académicas: